"Es imposible aprender nada nuevo a nivel emocional o intelectual si no aprendemos un movemiento nuevo"Gurdjieff

Contacto

Mi foto
Santiago de Compostela
móvil: 667472446 gelu.ramos.vazquez@gmail.com
Mostrando entradas con la etiqueta Gestalt. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gestalt. Mostrar todas las entradas

sábado, 29 de octubre de 2011

Presente





En gestalt inténtase evitar todo o que non está ou non se desenvolve no presente; incluso se o conflito que aparece fai referencia a unha experiencia do pasado ou a un medo do futuro, traemos este material ao eiquí e agora porque só no presente pódese levar a cabo a integración. Non poderemos valorar a importancia do presente se non temos en conta as trampas co que se evita refuxiándose no pasado e no futuro. O aquí e agora significa maduración e crecemento. Dicía Perls con certo humor que unha persoa entra na terapia cun montón de personaxes, vivos e mortos, sobre os seus hombreiros, e que o proceso terapeutico non é senon ir sacando da sala, unha por unha, a cada persoaxe (pai, nai, irmao, amiga, profesor, etc) ata que a persoa atópase por fin consigo mesma, e deixa de sentir a necesidade de manipular a súa biografía e a súa historia como medio de manter a neurose.
O presente fai fluír o auténtico aprendizaxe, o cal non é computar información, senon descobrer, con todo o risgo que conleva, a nosa propia capacidade, o noso potencial e o noso apoio: actuar en vez de imaxinar.

lunes, 24 de octubre de 2011

Onde terminas ti empezo eu



Un límite é un borde ou unha línea que nos define como un ser separado dos demais. A pel é un límite. Cada organismo está separado dos demais seres vivos por unha barreira física. Este límite pode quebrarse debido a unha lesión ou pola acción de outros organismos. Se a brecha é grande ou o organismo invasor nocivo, é posible que o organismo invadido morra. Uns límites físicos intactos preservan a vida.

A nosa pel sinala o límite do noso ser físico, mais dispoñemos doutro límite que se extende máis alá da nosa pel. É como si estiveramos rodead@s por un círculo invisible, unha zona de benestar. Temos límites emocionais, existe un límite para o que é seguro, proporciona benestar, o que nos fai sentir ben. Un límite a partir do cal, e cando se traspasa, empezamos a sentirnos amenazad@s, invadid@s....en definitiva, empezamos a sentirnos mal.

Se alguén traspasa o noso límite físico ou emocional sentimonos mal, e según sexa o límite traspasado, sentímos dor e sufrimos. Unha relación san, en calquera ámbito da nosa vida: laboral, persoal.., precisa de límites. Estos son moi personais, dependerán das nosas vivencias, experiencias, sensibilidade...,polo que para poñelos precisamos coñecernos ben a nos mesm@s. É a nosa responsabilidade expresar os nosos límites. O máis importante é coñecelo, sen xuicios, saber o que me fai sentir ben e mal, e coidarme.

A falta de límites é unha pauta de relación na dependencia emocional. Ésta moitas veces leva consigo traspasar os límites sans nunha relación en aras da necesidade afectiva. As relacións requiren estar atent@s a cómo nos sentimos e atent@s tamén a cómo se sinte @ outr@, e comunicarse.

E isto é outra máxima da terapia gestalt: Cada un, cada unha, é responsable do seu: aí está o noso límite e o noso poder.

martes, 6 de octubre de 2009

Os oríxenes: sé cómo tí eres


Se empezamos polo principio habería que destacar a figura de Fritz Perls: por máis que foron moit@s @s colaborador@s, a Terapia Gestalt non existiría tal como a coñecemos hoxe sen a súa presencia, talante e xenialidade. Como en todo artista, a súa creación vai profundamente unida a súa vida e o seu tempo, o contexto cultural que lle nutríu, en particular o psicoanálise e a psicoloxía da forma o da gestalt, as duas grandes fontes que se recoñecen como influencias decisivas no desenvolvemento da psicoloxía gestalt. Mais a terapia gestalt bebe de outras fontes dende os seus oríxenes: o teatro (Max Reinhardt) e o traballo corporal, o psicodrama de Jakob Levy Moreno, a fenomenoloxía e o existencialismo, a semántica xeral de Korzybski, o holismo de Smuts.

A psicoloxía gestalt arremete contra o moralismo imposto dende afora, non contra aquel que poderíamos chamar intrínseco. Bon e malo son respostas do organismo, máis, por desgracia a "etiqueta bon e malo" é logo proxectada ó estímulo; entonces, ailladas e fora de contexto, estas etiquetas organízanse en códigos de conduta, sistemas morais, polo miúdo legalizados e conectados con crenzas relixiosas.

A filosofía da terapia Gestalt fala dunha moralidade, "mais alá do ben e do mal", sen xuicios de valor, autoxusticacións, racionalización de necesidades e sutis manipulacións en forma de consellos do que se debe ou non facer. Eiquí están algúns destes mandatos ou preceptos que traslucen a filosofía da gestalt:

1.- Vive agora, é dicir, preocúpate do presente máis que do pasado ou do futuro.
2.- Vive aquí: relaciónate máis co presente que co ausente.
3.- Abandona os pensamentos innecesarios; máis ben sinte e observa.
4.- Deixa de imaxinar: experimenta o real.
5.- Prefire expresar antes que manipular, explicar, xustificar ou xuzgar.
6.- Entrégate ao desagrado e á dor tal e como ao pracer, non restrinxas o teu percatarte.
7.- Non aceptes ningún outro "debería ou tería" máis que o téu propio: non adores a ningún ídolo.
8.- Responsabilízate plenamente das túas accións, sentimentos e pensamentos.
9.- Acepta ser como eres (Naranjo, 1989,p.21).

(Francisco Peñarrubia)
>