"Es imposible aprender nada nuevo a nivel emocional o intelectual si no aprendemos un movemiento nuevo"Gurdjieff

Contacto

Mi foto
Santiago de Compostela
móvil: 667472446 gelu.ramos.vazquez@gmail.com

lunes, 24 de octubre de 2011

Onde terminas ti empezo eu



Un límite é un borde ou unha línea que nos define como un ser separado dos demais. A pel é un límite. Cada organismo está separado dos demais seres vivos por unha barreira física. Este límite pode quebrarse debido a unha lesión ou pola acción de outros organismos. Se a brecha é grande ou o organismo invasor nocivo, é posible que o organismo invadido morra. Uns límites físicos intactos preservan a vida.

A nosa pel sinala o límite do noso ser físico, mais dispoñemos doutro límite que se extende máis alá da nosa pel. É como si estiveramos rodead@s por un círculo invisible, unha zona de benestar. Temos límites emocionais, existe un límite para o que é seguro, proporciona benestar, o que nos fai sentir ben. Un límite a partir do cal, e cando se traspasa, empezamos a sentirnos amenazad@s, invadid@s....en definitiva, empezamos a sentirnos mal.

Se alguén traspasa o noso límite físico ou emocional sentimonos mal, e según sexa o límite traspasado, sentímos dor e sufrimos. Unha relación san, en calquera ámbito da nosa vida: laboral, persoal.., precisa de límites. Estos son moi personais, dependerán das nosas vivencias, experiencias, sensibilidade...,polo que para poñelos precisamos coñecernos ben a nos mesm@s. É a nosa responsabilidade expresar os nosos límites. O máis importante é coñecelo, sen xuicios, saber o que me fai sentir ben e mal, e coidarme.

A falta de límites é unha pauta de relación na dependencia emocional. Ésta moitas veces leva consigo traspasar os límites sans nunha relación en aras da necesidade afectiva. As relacións requiren estar atent@s a cómo nos sentimos e atent@s tamén a cómo se sinte @ outr@, e comunicarse.

E isto é outra máxima da terapia gestalt: Cada un, cada unha, é responsable do seu: aí está o noso límite e o noso poder.

No hay comentarios:

Publicar un comentario