"Es imposible aprender nada nuevo a nivel emocional o intelectual si no aprendemos un movemiento nuevo"Gurdjieff

Contacto

Mi foto
Santiago de Compostela
móvil: 667472446 gelu.ramos.vazquez@gmail.com

jueves, 17 de diciembre de 2009

Creatividade



Tu haces lo tuyo y yo lo mio.Tu eres tú y yo soy yo.No estás aquí para llenar mis espectativas.No estoy aquí para llenar tus espectativas.Y si nos encontramos, es hermoso. Si no, no hay nada que hacer.
Fritz Perls

Esta frase de Perls convertiuse na oración da terapia guestal.
Non é simplemente unha frase bonita pero vacía, polo contrario reúne todos os componentes que hoxe en día definen o benestar e o malestar nas relacións interpersonais e enfoca de maneira clara, valente e directa, as formas de atender e de entender a vida do ser humano máis alá de toda funcionalidade práctica. Tocando todo o desenvolvemento psicolóxico e adentrándose no proceso espiritual de cada persoa.

Tomar consciencia de quen é cada quen e adentrarse no coñecemento do si mism@ é o primeiro propósito de toda terapéutica guestáltica, inundando con luz dende eiquí, todas as zonas de sombra que entristecen e minguan a capacidade de cada persoa. Ser tú, ser eu, significa aceptar e soster a responsabilidade de ser quen eres, sen máscaras nen camuflaxes e sobre todo tomar este dereito, ser quen eres, como un legado que engrandece a persoa e a acerca a súa pureza esencial, ó que é verdade en cada quen. .

Certo que ninguén está, é, para encher as expectativas de ninguén. É a lóxica das relacións a que conecta a cada persoa con un sistema de intercambios sutís e maravillosos case invisibles, que permite que as relacións convírtanse en nutritivas e ilusionantes. Máis é moi importante coñecer e saber usar esta lóxica transformadora que en gestalt defínese no continuo da consciencia.Unha expiral que non ten fin e onde non cabe o que é xusto ou equivocado senon máis ben a atención permanente a aquelo que tú me fas sentir e aquelo que eu te fago sentir posto que o que transforma á persoa e a calidade da relación é cando se aprende a satisfacer adecuadamente as necesidades das partes en relación.

O encontro e o contacto en guestalt é unha relación transformadora, é dicir; que non deixa as cousas tal e como estaban antes, senon que polo contrario, abre expectativas e camiños diversos que cada un ou unha pode tomar decidindo cal lle convén máis. É a expresión da creatividade humana, o elemento terapéutico e transformador por excelencia e que tod@s poseemos.

Gozar da fermosura dun encontro póñenos en contacto coa nosa capacidade para ser felices. Aprender a xestionar á dor, a rabia ou o medo ante a fustración, acércanos ao que de sabio temos cada un/unha de nos. Moverse nestas alternativas é a vida, aprender a facer a vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario