"Es imposible aprender nada nuevo a nivel emocional o intelectual si no aprendemos un movemiento nuevo"Gurdjieff

Contacto

Mi foto
Santiago de Compostela
móvil: 667472446 gelu.ramos.vazquez@gmail.com

miércoles, 7 de octubre de 2009

Vivir é navegar



Coñecín a terapia gestalt de forma casual, nunha búsqueda por coñecerme a min mesma, e tamén nunha búsqueda por acoller, escoitar e tender a man ás mulleres dos grupos de Autocoñecemento e Autoestima que empecei a desenvolver coas miñas compas da alma, Luzía, Chío e Martazul, na Asociación Litith, fai xa moitos anos.

Andaba bastante perdida e confusa, e non sei cómo tiven a sorte de facer un taller con Angeles Martín, directora do Instituto de Gestalt de Madrid. Quedei tocada pola súa atitude de honestidade confrontativa, a súa implicación emocional e a súa capacidade de non entrar en xogos manipulativos.

Soupen o instante que eso era o que eu quería facer. E empecei a formación no ano 1999 no Instituto de Psicoterapia Gestalt que Angeles Martín fundou en Madrid non ano 1976, polo que quedou identificada como a representante en España da terapia Gestalt. Dende a súa fundación é un dos principais centros de formación de terapeutas gestálticos do estado. Fixen os dous anos seguintes da miña formación no IPTG de Alicante, centro ao que estou especialmente agradecida, sobre todo a Susi Andreu, terapeuta e compañeira de penas e alegrías durante catro anos..

Da terapia gestalt deslumbroume sobre todo a simplicidade dunha maneira de facer terapia que, por enriba dunha teoría da psiquis, e por enriba dunhas técnicas eficaces, prima a atitude e a relación. Entendín emocionalmente o fondo sentido do auto-apoio, do risgo, a importancia dos límites, da propia responsabilidade e do compromiso cos e coas demais.

Unha parte de min sempre buscou afora, nas experiencias, relacións, viaxes...a ansia de coñecer, aprender, descubrir e disfrutar é grande, e nunha destas viaxes, tiven a oportunidade de facer un taller de danza contemporánea nunha parque ao aire libre que significou o inicio da miña pasión pola danza, o movemento e o proceso creativo a partires do corpo.

Despois de moitas voltas e de debatirme para elexir centrarme na miña actividade laboral, decidín que podía atopar e crear a miña propia maneira de integrar estas dúas disciplinas para min tan ricas e enriquecedoras: a psicoterapia e a danza.

Así foi como empecei e como empezo de novo cada día, coa ilusión de desenvolverme a nivel persoal e profesional dentro dos campos da psicoterapia e a danza. E descubrín que non están lonxe, máis ben ao contrario, cando fun profundizando e coñecéndome, dinme conta de que a medida que nos coñecemos e aprendemos a querernos maís a nos mesm@s, máis nos atrevemos a ser e facer realidade os nosos desexos, a crear a nosa propia vida.

Entendo a vida como un arte, o arte de ser, de crear a nosa propia historia. Gustaríame acompañar nese proceso creativo ás persoas que queran escoitar a súa propia necesidade e desexo, ter a oportunidade de aprender e compartir o camiño recorrido nesta viaxe a veces difícil, máis sempre apasionante.

"Vivir é navegar. Eso sabémolo dende Homero" (Raymond Queneau, Journaux)

No hay comentarios:

Publicar un comentario