"Es imposible aprender nada nuevo a nivel emocional o intelectual si no aprendemos un movemiento nuevo"Gurdjieff

Contacto

Mi foto
Santiago de Compostela
móvil: 667472446 gelu.ramos.vazquez@gmail.com

martes, 6 de octubre de 2009

Os oríxenes: sé cómo tí eres


Se empezamos polo principio habería que destacar a figura de Fritz Perls: por máis que foron moit@s @s colaborador@s, a Terapia Gestalt non existiría tal como a coñecemos hoxe sen a súa presencia, talante e xenialidade. Como en todo artista, a súa creación vai profundamente unida a súa vida e o seu tempo, o contexto cultural que lle nutríu, en particular o psicoanálise e a psicoloxía da forma o da gestalt, as duas grandes fontes que se recoñecen como influencias decisivas no desenvolvemento da psicoloxía gestalt. Mais a terapia gestalt bebe de outras fontes dende os seus oríxenes: o teatro (Max Reinhardt) e o traballo corporal, o psicodrama de Jakob Levy Moreno, a fenomenoloxía e o existencialismo, a semántica xeral de Korzybski, o holismo de Smuts.

A psicoloxía gestalt arremete contra o moralismo imposto dende afora, non contra aquel que poderíamos chamar intrínseco. Bon e malo son respostas do organismo, máis, por desgracia a "etiqueta bon e malo" é logo proxectada ó estímulo; entonces, ailladas e fora de contexto, estas etiquetas organízanse en códigos de conduta, sistemas morais, polo miúdo legalizados e conectados con crenzas relixiosas.

A filosofía da terapia Gestalt fala dunha moralidade, "mais alá do ben e do mal", sen xuicios de valor, autoxusticacións, racionalización de necesidades e sutis manipulacións en forma de consellos do que se debe ou non facer. Eiquí están algúns destes mandatos ou preceptos que traslucen a filosofía da gestalt:

1.- Vive agora, é dicir, preocúpate do presente máis que do pasado ou do futuro.
2.- Vive aquí: relaciónate máis co presente que co ausente.
3.- Abandona os pensamentos innecesarios; máis ben sinte e observa.
4.- Deixa de imaxinar: experimenta o real.
5.- Prefire expresar antes que manipular, explicar, xustificar ou xuzgar.
6.- Entrégate ao desagrado e á dor tal e como ao pracer, non restrinxas o teu percatarte.
7.- Non aceptes ningún outro "debería ou tería" máis que o téu propio: non adores a ningún ídolo.
8.- Responsabilízate plenamente das túas accións, sentimentos e pensamentos.
9.- Acepta ser como eres (Naranjo, 1989,p.21).

(Francisco Peñarrubia)
>

No hay comentarios:

Publicar un comentario